Punto Limpo

O punto limpo de Ponteareas, ademáis de ser un centro de atención ao cidadán, é o centro para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario e que necesitan una xestión específica: polo seu tamaño, como poden ser os residuos voluminosos; ou pola súa composición tales como pilas, disolventes e outros residuos especiais do fogar.

 

Horario do punto limpo


Luns - Venres
08:30 - 13:45
16:00 - 18:00

Sábados
10:00 -13:00

(festivos pechado)

Onde se atopa?

Está situado na carretera de Guláns, a altura do km 1,5. No barrio da Cruz en Areas

Residuos e usuarios

Os usuarios do punto limpo son todos los cidadáns que residan no Concello de Ponteareas e que queiran depositar de forma selectiva os residuos orixinados nos seus domicilios, atendendo os artigos que se establecen o regulamento que controla o seu funcionamiento.

Lembre que os resíduos están suxeitos a unhas cantidades máximas por veciño.

Operativa

Servizo de recollida no punto limpio de Ponteareas



Teña en conta  que o punto limpio recollerá exclusivamente residuos de orixe doméstica. Os procedentes da actividade industrial o comercial débenllos entregar os produtores ás empresas xestoras autorizadas.

Unha vez no centro cada usuario deberá identificarse mediante o D.N.I e antes de depositar o residuo ou residuos deberá declarar no posto de control o contido do que quere entregar, con fin de realizar así un control de orientación de verquido. Segundo a carga declarada, será o operario do punto limpo quen decidirá aceptar ou rexeitar a entrega, seguindo os criterios recollidos no regulamento. En todo momento os /as usuarios/as deberán seguir as indicacións do operario do centro

NON pode depositar

En ningún caso se trata dun vertedoiro, senón dun lugar para almacenar temporalmente os resíduos ata entregalos a xestores autorizados.

+ 2500
visitas anuais
+ 1 t
Toneladas de residuos anuais
+ 12 %
Incremento uso anual